lunes, 7 de mayo de 2012

Plataforma contra as Fumigacións


Dende O Movemento 15M de Lugo todo o nos apoio a "Plataforma contra as Fumigacións", están a facer un gran traballo de difusión deste grave atentado contra a nosa natureza  e a nosa saúde, pese a que dende a Xunta queiran censurar , minimizar e incluso lavalas mans ante un feito de tanta gravidade.


Aféctanos a todos moito mais do que nos queren facer crer. #fumigacionsNON ;#queremosAbellas


Fonte: http://fumigacionsnon.org/

Resume do problema

  1. A patronal española do papel (ASPAPEL) pretende realizar coa colaboración da Xunta de Galicia e outras entidades unha fumigación masiva das plantacións de eucaliptos galegas afectadas por un insecto, o Gonipterus scutellatus.
  2. A fumigación vaise realizar cun insecticida chamado comercialmente Cascade, cuxo principio activo é unha substancia denominada flufenoxurón.
  3. Esa sustancia foi catalogada como daniña pola Unión Europea e prohibiu a súa venda a partir do 1 de agosto deste ano (2012).
  4. Un dos seus peores efectos é que é altamente tóxica para as larvas das abellas, como o propio fabricante recoñece na etiquetaxe do produto.
  5. Se se fumiga masivamente este produto nos montes galegos, existe un gran perigo de exterminio das poboacións de abellas, xa moi reducidas polo continuo uso de pesticidas, segundo apuntan os estudos científicos.
  6. Se morren as abellas en Galicia, aparte doutros efectos nocivos no ecosistema, non se polinizarán a maior parte das plantas das que nos alimentamos os humanos e os animais que criamos para nos alimentarmos.
  7. Sen polinización, non hai reprodución destas plantas, e a nosa agricultura colapsará.
    Entre as especies vexetais das que nos alimentamos, as seguintes dependen necesariamente da acción polinizadora das abellas para producir froito e semente (ou vense favorecidas por ela):
    Árbores froiteiras:
    Maceira, pereira, castiñeiro, vide, kiwi, amendoeira, melocotoeiro, cerdeira, ameixeira…

    Especies forraxeiras:
    Alfalfa, trevo, liño, algodón…

    Cultivos de horta:
    Tomate, couves, cabazas, cabaciñas, pemento, cenorias, perexil, nabos, brécol, porro, couveflor, berenxenas, melóns, cogombros, amorodos, framboesas, espárragos, silveira (amoras)…

    Fontes:


    Remitímosvos a paxina de  http://fumigacionsnon.org/ onde poderedes acadar moita mas información así como coñecer as distintas accións que se están a realizar.